O día amence líquido: acórdame cedo a cifra da choiva contra os cristais do dormitorio; cando porfin abro os ollos e son quen de fixalos nas cousas, delimítanme no teito, xusto sobre a cama e sobre min, unha grande mancha húmida.
A boa noticia é que ten a forma de Australia (Tasmania incluída).
A mala, que os viciños do quinto non están.
4 comentarios:
Que volvan xa os veciños do quinto!!!
¿Vaya por diossss!
Agardo que os seus veciños regresen antes de completar o mapa mundi...
Últimamente chéganme demasiadas sinais de Australia, ao final terei que ir...
Publicar un comentario