sábado, 18 de abril de 2009

Petición

Comprendo que pode soar a intolerancia e a impaciencia inxustificable nun día coma este, coa que nos está a chover e á vista de como o seu predecesor no cargo habilmente descompuña e recompuña non xa só o idioma, senón até a propia linguaxe (do predecesor do predecesor mellor non falar), pero podería alguén informar ao flamante señor presidente de que en galego a palabra correcta non é crisi senón crise?
Compensará que llo expliquen e que el o asuma, pois sen dúbida á crise se ha de referir moitas veces, xa que teremos crise até quedarmos fartos.
E, oxalá me equivoque, presidente tamén.

3 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Moito me temo, señor Kaplan, que a lingua, para el elle outra cousa...

X dixo...

Ola, señor Kaplan, só unha visita de cortesía :)

peke dixo...

Non deixan de ser curiosas as cousas que nos irritan dos gobernantes ou personaxes públicos en xeral. A este non o oín aínda o suficiente, pero o predecesor dábame dor de cabeza.