Levo varios días a durmir mal, e todo por culpa daquel post do graffitti na Muralla: varias das miñas lectoras (perdón polo sexismo, pero a xulgar polo evidente parece que escribo para un universo maioritariamente feminino) fixéronme chegar a súa preocupación perante o que parece unha bárbara agresión ao patrimonio da que, ao publicala, eu mesmo fun cómplice.
Cómpre, pois, aclarar as cousas: En primeiro lugar, o autor da pintada non fun eu, non pensen, que non uso spray nin co desodorante.
En segundo lugar, a inscrición realizouse propiamente sobre a parede dunha das casas adheridas á Muralla, no adarve, tan intimamente unida a ela que é difícil decidir onde termina unha e comeza a outra; quen visitase e coñeza a nosa Muralla saberá de que estou a falar.
Aclarado que non houbo vandalismo nin complicidade, e confortadas as lectoras, e reafirmado o compromiso coa lingua e a culturiña, espero de hoxe en diante volver durmir como é debido.
Amén.
1 comentario:
Zzzzzzz... (`_^)
Publicar un comentario