Onte a señorita Kaplan e eu fomos atracados, en poucas horas, tres veces, e con só nos achegarmos a un cine.
Primeiro, foron 13 euros por dúas entradas e a flagrante compobación de que tanto ela coma min estamos nunhas franxas de idade prematuras e pouco favorecidas: nin ela ten o desconto do carné xove, nin eu o desconto dos xubilados.
Como como a peli tiña un descanso de dez minutiños, e como destruír todo un planeta dá moita sede e algo de fame, no ambigú soltei 9'50 eurazos só por un botellín de auga, unha cocacola e un pacote de flocos de millo; supoño que foi unha sorte non pedir ademais unha bolsa de m&m ou tería que ter deixado a americana en prenda.
Por último, a terceira na frente: como o coche pasou tres horas no aparcamento do centro comercial en que está o cinema, a máquina, impertérrita, reclamoume 7'35 implacables euros, de maneira que a festa ascendeu a trinta euros menos quince céntimos.
Aínda ben que a película, que non marcará un fito na historia do cine por moito que ao final acabasen casando, foi divertida, e que a nena (e seu pai tamén) o pasou estupendamente vendo como o planeta ficaba patas arriba, pero tampouco demasiado.
(E até aquí podo ler).
7 comentarios:
¿E non había follas de reclamación?
Carote...
Mas se ao menos passaram um bom bocado juntos, já valeu a pena!!!
Cando me toca sacar o coche, xa nunca o deixo nos aparcamentos dos CC.CC. e aínda que prescindo de visitar o ambigú, nada me libra de un café e un algo de rillar para non sucumbir aos quilómetros que teño que percorrer. De maneira que a festa sae cara sempre. Agora que realmente 13 € por dúas entradas é mesmo atraco a man armada: debe ser que pretenden que os que imos ao cine paguemos o que os que non van piratean (e até penso que fan ben en momentos así). 6'50 unha entrada de cine!
OLá :)
Has de perdoar a imperdoavel falta de educación, que nin te contestei nin te puxen, nin ná!! ains!
Mas xa estás fichado. ;)
http://dalleuncolinho.blogspot.com/2009/01/criando-na-galiza.html
biquiñosssssss
Recoñezo que a risa afluiu cando lin o que che aconteceu. E non por gabarme na túa amoladura; senón por aquelo de que mal de moitos...
(O dos aparcadoiros é unha vergoña, carallo!)
Saúde (e cartos para disfrutala)
Seguro que esa película non se lle esquece na vida. ;)
Discrepo un poco, señor Kaplan. Infinitamente más caro es tomar copas por la noche y están los pubs a rebosar. Por no hablar de la gasolina, los coches...
Publicar un comentario