Ás veces a vida vai máis rápida que un blog, e, se un non é espelido e se descoida posteando, até pode que a realidade lle acabe pasando por riba, ferroviariamente e sen piedade.
Algo así debe pasar se o post inacabado de cando Domingo veu Polis traerme o agasallo dos funestos 44 xa está reseso e anticuado mesmo antes de publicarse.
Algo así debe pasar se o post inacabado de cando Domingo veu Polis traerme o agasallo dos funestos 44 xa está reseso e anticuado mesmo antes de publicarse.
Non importa agora se daquela falamos do libro, de que Polis volveu fumar e necesita gafas, ou de que as miñas lorzas claman por unha dieta; o que importa agora é que onte ao serán atopei casualmente a Encantador nos viños, e que me dixo que vai para un mes que os dous acordaron, civilizadamente, o cesamento temporal da convivencia.
7 comentarios:
Cando se acorda por unanimidade é porque ún convence ó outro ¿non sí?
A "pedra de toque" está na palavra "civilizadamente"...
Pois si que debe estar tocado Polis cando non lle dixo nada o domingo. En fin, aínda que non sexa relevante na historia que nos ocupa, direi que a min Encantador non me gustaba para Polis e que espero que o cambio sexa para ben.
Ah, creo que nin a min nin aos demais nos importa ler posts resesos, queremos o do domingo xa.
Saúdos.
X
Cando vin a ferramenta da imaxe, pensei que ías podar xa. Asusteime.
Agora que me decato de que "simplemente" era un icono para reflectir o corte dunha relación...sigo asustado.
Son algo espantadizo, xa o sei; pero e que esas cousas de cesamentos convivenciais sempre me enervan o espíritu. Seguramente teñen razón os anteriores comentaristas,así que acougarei.
E eu pensando que as tesoiras eran para lle podar as lorzas...
Que pracer volver vir por "Robinson en Ithaca" e comprobar que o fundamental permanece intacto... volveremos á rede primeira agora que a profusión de espazos en internet provoca un necesario regreso ás orixes.
Saúdos Kaplan!
Probeino e funcionou :)
Publicar un comentario