mércores, 4 de novembro de 2009

Dous catros

Ninguén mo vai acreditar, pero prometo que esquecín que hoxe tiña unha cita con dous catros.
Alzheimer, os anos que non perdoan? Por acaso o subconsciente, esa teima de pensar que o que non se afronta non sucede? Todo o que sei é que me erguín como cada día, e que fun para o traballo cargadiño de frases nominais e poemas épicos. Como á tarde había sesión continua, arranxamos xantar de bocatas de tortilla e cocacolas light, sobremesa de preavaliacións e posterior merenda claustral, con protocolo antipandemia incluído.
Só cando emprendín camiño a Ithaca, e no asento do lado o móbil deu en trinar a ducia de avisos sms, lembrei que algo grave me ocorrera hoxe.
Polos cravos de Cristo, que feo é este número!

5 comentarios:

X dixo...

Que vai ser feo 44!
Nun home os 44 son unha moi boa idade.

O meu agasallo: Virtue lost.
Espero que lle guste.
http://www.jamendo.com/es/?m=player&url=artist%2F2740|402055+25379+26427+25244+26439%2F0

Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns! Parabéns!

mariajesusparadela dixo...

Eu deséxolle que, cando menos, duplique.
O número élle bonitísimo.

paideleo dixo...

Non é feo o número...o feo é beber Coca Cola light.
Parabéns e que siga a conta !!!.

Sun Iou Miou dixo...

Non me sexa egoistón, meu querido Kaplan. Feo, feísimo é non cumprilos. Dígollo eu, que fixen eses 44 cunha sentenza de morte adiada, como, por outra parte e ao cabo, todos os que os sobrepasan.

Hai detalles ben máis reprobables (estou co paideleo, pero vou máis aló, nin light nin heavy) que si debera gardar no máis fondo do baúl dos segredos inconfesables.

Ai, que xa me esquecía, con tanto sermoneo. PARAMOITOSBÉNS! (E eu que o lea.)

Perry dixo...

Con retraso, me toca darte la felicitación. Y contribuyo: feo es comer bocadillos el día del cumple de uno. Y el 44 a me gusta. Que cumplas muchos más entonces.