Hoxe, día de San Martiño, cúmprense vinte e catro meses desde que deixei de fumar (ou, o que vén sendo o mesmo, 14.620 cigarros non fumados e 1.827 eurazos gastados en cousas evidentemente ben máis sólidas que o fume).
(Pero ás veces canto te boto de menos, cabrón!)
7 comentarios:
Ai, señor Kaplan, qué ben o entendo: hai trinta anos que o deixei e ainda hoxe teño que me dicir: hoxe tampouco fumo...
Sei que se volvera empezar, xa non me paraba nen a caridade.
Como eu gostava de escrever um post assim... já fiz duas tentativas mas ambas com recaída...
Por máis que fago contas, sáenme 14.620 cigarros non fumados, de onde quita o paquete restante?
Parabéns Kaplan, uis, isto comeza a ser aburrido, non fago máis que parabenizalo por unha cousa ou por outra.
Si, eu boto de menos ao mesmo cabrón, e non lle pasa que moi de vez en cando esperta co seu sabor como se fumase o día anterior? Aissss, que ganassssss, resistiremos, pero non se pode negar que iso de fumar molaba.
O que máis me amola é que o cabrón na súa ausencia é capaz de destruír momentos perfectos, cando non dis nada pero pensas iso de "só me falta un cigarro para que o momento sexa perfecto".
En fin, non nos poñamos melancólicos que me vai dar unha síndrome de abstinencia galopante e sigamos aforrando que iso sempre consola.
Saúdos.
X
PD: Non acertei coa música, o ano que vén será outra cousa :)
Eu sou un desastre e aínda que fumo pouco non sou capaz de deixalo.
Estou fóra de lugar aquí hoxe, que nin fumo nin fumei nunca. POr unha vez non podo dicir que o comprendo e me solidarizo.
Eu deixeino hai case catro anos ( fainos en xaneiro ) e non o boto en falta. E menos o Ducados.
Estaba como tódolos días no meu blog e pensei: que é isto de "siguiente blog?" dinlle e aparecín aquí.
pois mira.. vos sodes exfumadores, non sodes "non fumadores" polo que vos recomendo ler o libro de es facil dejar de fumar si sabes como. en serio. deixaredes de acordarvos del... e daravos a risa cando o corpo volo pida.
eu nunca fumei. pero tiven que aprender a fumar por esixencias de guión e estiven unha semana aprendendo. unha cajeta. e foi suficiente para que o monstruito da nicotina se instalase no corpo.
lede o libro.. facédem caso :)
unha aperta!
Publicar un comentario