Débolle a X da Selva resposta a un meme de escuro arume arpado, e eu, que non gosto de débedas, métome xa en fariña para enumerar dez cheiros predilectos.
1. O de certos produtos químicos, nada glamourosos por certo: betume de zapatos, pintura, tinta, augarrás, cola, piche.
2. O do chocolate e mais o do café cando é moído.
3. Dos froitos escollo o dos cítricos, o do morango, o do coco, o da mazá, o do ananás, o do plátano, o do marmelo.
4. O dalgunhas madeiras a arderen, como a figueira, o cedro e o loureiro.
5. O da herba: recén segada, baixo o sol, tras a tormenta...
6. O de cociñar algunhas cousas: rustrir cebola, fritir pementos, asar lacón no forno, etc.
7. O de herbas e especiarías como a alfádega, o fiúncho, a canela, a menta, o ourego, a lavanda.
8. O do xabrón daquí da casa, un clásico de toda a vida que nunca deixei de usar.
9. O da única auga de colonia que aturo para min.
10. O do pelo recén lavado da señorita Kaplan.

Sinto curiosidade polas preferencias de moitos e moitas, e aínda que invito a todos a respostaren, só lles encalomarei o meme ás sempre afoutas e contemos que agora ben dispostas Ra, Paradela, Sun e Princesa Sigrid.
8 comentarios:
Non che dixen que me cheiraba...? Pois non che digo que si nin que non, pero é que tes unha prosa...
Pois, voulle dicir:
En colonias, a de Nenuco.
En madeira, o carballo ó darlle coa machada para fendelo, tamén o loureiro ó arder.
En flores as da laranxeira e a da madreselva. Tamén a Herba Luisa, a menta , a melisa e a lavanda.
A terra cando chove despois de tempo (o cheiro a ozono).
Tamén o cheiro do betún e do berniz (¡qué colocón,un ano que me tocou facelo en toda a casa).
O cheiro dos nenos pequenos e dos cachorros de boxer (que non cheiran coma o resto dos cans).
En frutas, as pavías e os plátanos.
E, cando xa non é tempo, o das mazás dunha miña mazaira, que me duran de novembro a marzo.
O cheiro da cociña da miña irmá pequena, que sempre anda facendo postres. O da miña cociña cando fago asados.
O cheiro do coiro (traxes, chaquetas ou sofás).
O cheiro do aceite de cedro.
Velai ten.
O cheiro que ten vostede, seguro que tamén. (Damo o nariz)
El olfato, para mi el más valioso de mis sentidos
PD: ¿Será cierto que el señor Kaplan huele así de bien?
Por fin sabemos a que ole, ás veces, o Sr. Kaplan :)
E comentaba no de X case o mesmo que che vou dicir, pero a curiosidade levoume primeiro a ir mirar aló.
Comparto case todos os que dis, case todos, menos os dos químicos. E aquí resultoume curiosa a imaxe escollida que, en certa maneira, recorda aos da panda da mascarilla. Fálase pouco, e do que non se fala xa sabemos que non existe, dos graves problemas dalgunhas persoas por sobrevivir nesta sociedade chea de cheiros químicos, de produtos químicos. Os que sofren o SIQM teñen moi difícil, ás veces imposíbel, poder compartir calquera espacio cunha persoa que use colonia, un lugar con ambientadores, unha estancia acabada de fregar...
Así pois, eu quedo coa herba acabada de segar (aínda podo), coa terra, coa terra mollada pola choiva, co mar, coa pel da persoa amada...
Un saúdo dende este recinto amurallado que cheira a noite pecha e cálida de primavera xa.
Olvidas o arume dos arumes, o que move o mundo, meu!
Eu uso desde tempos inmemoriais a mesma colonia pero de muller.
Publicar un comentario