Non sei se por causa das turbulencias bursátiles se polas cinzas islandesas ou por outro fenómeno inexplicable que ninguén investigará, o caso é que un dos peixes (esta vez o chamado Bond, James Bond) amenceu hoxe panza arriba.
O outro, coma unha viúva lexendaria, nada agora solitario e parece que tristemente na auga tolda, á volta das algas de plástico e o lidroso tótem ilicitano.
Actualización: Desde onte, 14 de Maio, o último peixe tampouco nada nada; acaba así a aventura das mascotas acuáticas.
6 comentarios:
Haille algo nisa auga, señor Kaplan. Ten que miralo.
Haille algo neste aire, señor Kaplan. Temos que miralo!
Haille algo nesta terra, señor Kaplan. Teñen que miralo...
O que non lles hai neste tobo é lume, xa llelo digo: aquí todo é eléctrico e eu, ademais, non fumo...
Entón está claro: Haille algo neses peixes, señor Kaplan. Temos que miralo.
(Fíxome rir isto ben.)
ten un tótem ilicitano na peceira?
:0
esta historia que contas recórdame as miñas propias desventuras cos desafortunados peixes -ata houbo un que tentaba suicidarse decote botándose él mesmo fora do acuario- ¡ai, moitas bolsiñas de plástico con auga e un par de peixes paseei da tenda á casa!
Publicar un comentario