Estes días dixéronme dúas cousas relativas ao meu traballo: a primeira, que Santa Rita, padroeira de imposibles, tamén o é dos funcionarios; polo menos dos funcionarios da administración local, pero aos sindicatos iso dálles igual e convocan e apoloxizan e protestan na data da súa santa como se estivésemos no nacionalcatolicismo (que ao mellor o estamos).
A segunda, dita através de contundentes argumentos que van directamente á carteira e á nómina, é que o meu traballo vale menos pois me/nos van rebaixar o soldo, ninguén sabe aínda até onde, por facer o mesmo, e aquí non pasa nada.
Que non vaia á folga convocada para Xuño non significa que non me indigne o fácil camiño do medio que toman estes para tentaren salvar os mobles; así e todo, fago titánicos esforzos para non emitir sentencias cebolletas sobre este mar de expolios e recortes tras tanto alegre despilfarro, cousas como que xa o dicía eu ou que estaba visto ou, como diría miña mai, que de noites de moito rir veñen mañás de moito chorar.

2 comentarios:
Pero, xa sabe "Nunca choveu que non escampara".
sempre me pareceu dun sutil cachondeo que a patroa das causas perdidas o fora tamén dos funcionarios da admon. local; pero e que enterarme agora por tí que o é tamen das víctimas de abusos, pásmame.
e xa ves que non sirve de nada o dito: se quita, se quita
Publicar un comentario