sábado, 15 de maio de 2010

Vivimos días moi tristes

6 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Sempre pensei que non serían capaces de tal disparate.

Xan dixo...

A min non me asombran as medidas levadas a cabo por Zapatero, antes por Felipe González. As receitas dos "sociolistos" son case idénticas ás da dereita, cos altofalantes de Ana Belén, Víctor Manuel Almodóvar, Serrat etc. facendo caixa, e vaia caixa nos Concellos esquilmados polos alcaldes do PSOE. Se de inxustizas en nome da xustiza falamos, máis do mesmo parece que continuamos na Longa noite de pedra do franquismo coa falanxe capitaneando o Tribunal Constitucional, unha Santa Inquisición que ao parecer está por encima de todos e todo. Feijoo segue cabalando a lombos de Babieca ( Angel Lorenzo) como un Santiago matamoros que cercena a lingua propia.
Hoxe levánteme espada en man..

Chousa da Alcandra dixo...

Semella un sin sentido. Algo hai que mudar.

Zeltia dixo...

a viñeta está moi ben,
pero eu estou un pouco abraiada de que, de pronto, todos sexamos entendidos en leis.
ó marxe de que opinemos que a memoria histórica non pode quedar esquecida,
prescindindo de que unha persoa tan mediática coma garzón nos caia ben ou mal,
deixando de conxugar
eu prevarico
ti prevaricas,
él prevarica,
ainda preguntándonos onde está o dano que a actuación Garzón pode causar,
que persoas ou que cousas quedarían inxustamente perxudicados ou beneficiados,
ainda así, repito,
penso que todos teñen que estar, xuices incluídos, por debaixo das leis que emanan do poder lexislativo.
e se algunhas leis non nos gustan, aí temos as urnas par votar a uns que as cambien no sitio onde se deben cambiar;
pero non,
non se vai votar,
-porque como todos son uns merdas-
e despois arrincamos os pelos ou
eu critico
tí criticas
él critica
que me parece estupendo,
pero, vamos, en xeral considero que somos moi atrevidos falando como expertos do que non sabemos.

a min jódeme que uns fillosdeputa saian coa súa,
pero non creo que se deban mesturar as cousas, e aquí metemos nunha saca cuestións moi diversas.
conste que estou tan enrabiada e desilusionada!

Ra dixo...

Muy mucho.

X dixo...

E eu non paro de ver pelis que me fan chorar, talvez así disimulo.