martes, 24 de agosto de 2010

Efectos colaterais

 A crise segue a deixar ver efectos colaterais inesperados: neste país noso os desempregados descubren que os avós poden redondear as contas familiares coa pensión e coa cartilla, e até axudando a criar os máis pequenos.
Até aquí nada novo, salvo que agora e coa que está a caer xa hai quen empeza a levar de novo para a casa os parentes que aparcou na residencia hai unha chea de anos, naquel tempo en que soñábamos que éramos ricos e modernos, e os vellos molestaban porque queríamos ir á praia como todo o mundo e estábamos xustos no piso e necesitábamos coche grande e novo, e aborrecíamos as enfermidades e a bata de boatiné, as pesetas cautelosas e as historias do estraperlo que tan mal casaban con todo aquilo das hipotecas subprime, o fresh banking e o diñeiro fácil.
Isto, que parece un guión de cine, contáronllo á miña irmá off the record nunha residencia pública, un destes días; despois de meses batendo contra o muro implacable das listas de espera, vemos como a crise reduce as solicitudes, aumenta as vacantes, e inesperadamente vai porfín deixando libre o camiño para as miñas tías.

5 comentarios:

zeltia dixo...

Se tuas tias son as da foto están ben rufas e lozanas. Así ainda mola estar nunha residencia, como dixestes algún de vós "xogando ás cartas e namorando"... pero cando o deterioro físico non che deixa gana de landainas, onde estea unha caricia e unha mirada dun fillo, dun irmá, dun neto de alguén que te queira...
digo eu, non sei.

(Respecto ó conto das pensións... se levan o vello ou a vella para a casa por ese motivo, sí que estaba mellor na residencia. O noso egoísmo non ten límites. E a nosa habilidade para enmascaralo diante de nós mesmos, tampouco)

Chousa da Alcandra dixo...

E que xa o dí a xente: non hai feira mala!

Saúdos ás tías (boeeno, vale, saúdos tamén para os tíos!)

Kaplan dixo...

Zeltia, as da foto (rufas e louzanas) non son as miñas tías. É un fotograma de Pranzo di ferragosto, unha peli que encaixa no post coma unha luva.
Chousa: non hai tíos nesta historia.

Sun Iou Miou dixo...

Boísima esa película, Kaplan. E é moi divertida, que hai quen pregunta por aí. Claro que non sei na versión dobrada, vina en Portugal non sei se este ano ou o pasado xa.

Canto ao das residencias, recoméndolle a máquina de fazer espanhóis do valter hugo mãe.

Aldabra dixo...

pois agora que o dís ten moito sentido, non se me ocorrera.

e como dí o refrán. a río revolto, ganancia de pescadores; a ver si as túas tías teñen sorte.

bicos,