mércores, 4 de agosto de 2010

Inventario de lecturas

Estamos a primeiros de Agosto, tempo cabal de facer balance dos libros lidos nos primeiros sete meses do ano. Non serán moitos para algúns, nin poucos para outros, e seguramente todo ao contrario para a maioría; son as que son, e con iso ha de abondar.
Así pois, señoras e señores, nenos e nenas, eis o tradicional inventario de lecturas, no que hai de todo, certamente: O símbolo perdido, de Dan Brown; El hombre de arena y otros relatos, de E.T.A. Hoffmann; El clan de los parricidas, de Ambrose Bierce; Hamlet, de W. Shakespeare; Corazones perdidos y otros relatos, de M.R. James; En defensa propia, de Mary Higgins Clark; Aurora boreal e Sangre derramada, de Asa Larsson; Madame Bovary, de Gustave Flaubert; Intrigas y deseos, de P.D. James; El almohadón de plumas y otros relatos, de Horacio Quiroga; La dama del lago, de Raymond Chandler; Asesinos sin rostro, de Henning Mankell; Memorias de África, de Isak Dinesen e (en tándem coa señorita Kaplan) La evolución de Calpurnia Tate, de Jackeline Kelly.

9 comentarios:

Aldabra dixo...

Penso que en cuestión de número está moi ben, en calidade literaria non me meto porque non coñezo a maioría.

Eu lín: Madame Bovary (fai xa moitos anos) e Memorias de África (despois de que vín a película e claro... gustoume mais a peli, a verdade, aínda que o libro non está mal).

Fai uns días vín "Aurora Boreal" en DVD e non me gustou demasiado, non sei, é como un pouco asfixiante.

Teño anotados nunha libretiña os libros (todos) que levo lídos na miña vida. E desde que teño o blog, levo a conta no blog por anos naturais. Si tes curiosidade podes ler no blo, na marxen esquerda, os títulos dos meus libros, desde ano e do pasado.

biquiños,

Ra dixo...

Qué bonito tándem ese.

X dixo...

Sorpréndeme o seu abandono do SLG.

X dixo...

ui ui ui
SLG (Sistema Literario Galego).
:D

Kaplan dixo...

Si, está claro que os da foto non son precisamente de Viana do Bolo.

Anonymous dixo...

Y ya puestos ¿Porque no añadir "El desvío a Santiago" y "La lluvia roja" ambos de Cees Nooteboom, de Editorial "El Ojo del Tiempo" de Siruela? Buen día

Xan dixo...

Os libros son pracer e refuxio dos nosos estados de animo. Que fermoso é ler en tándem...

zeltia dixo...

ui, a dous libros por mes está moi ben,
case parecen deberes!
:)
ese era o meu ritmo habitual de lectura.
(Agora estou sendo unha preguiceira, e decántome a "lecturas de verán" (todo o ano)

A lista de "recomendados" medra, e medra, e medra...
pois non sei como me arreglo pero o tempo non me da para nada!

(se estivera sin luz máis días e máis noites, seguro que collería outra vez o vicio de ler)

peke dixo...

Lin algúns dos que cita e teño en espera o que vostede leu en tándem. A ver, a ver.