luns, 23 de agosto de 2010

Limpeza xeral

O día, chuviñoso e morriñento, parece máis axeitado para pintar que para limpar cristais: o teito da cociña espera, a aspiradora chama por min, os caldeiros e fregonas insinúanseme, nun recanto a mopa fai sinais de náufrago, no armario baixo o vertedoiro os botes de produtos de limpeza están dispostos, e na lavadora a roupa xira sen parar, talvez mostrando saudades do oceano profundo.

5 comentarios:

X dixo...

Algo que declarar? :D

Ao que viña, a súa paisaxe recórdame á miña de hai dúas semanas, encantoume o vídeo, é realmente fermoso.

Aldabra dixo...

pois penso que o mellor e que te deites no sofá, os días así non é bó pensar e menos tomar decisións.

biquiños,

zeltia dixo...

son inquebrantable nas miñas decisións, cando lle collo a postura ao sofá, xa poden insinuar o que queiran!
-claro que, vendo o vídeo ése- da gana de ir pór a lavadora!-

sucumba á pereza, kaplan... hoxe é mellor día para unha boa peli.

Xan dixo...

Facendo un símil, parece vostede un alumno que non se aplico durante o curso e amontóaselle o traballo a medida que se achegan os exames finais.
Animo!!

A nena do paraugas dixo...

Isto gustoume especialmente. Será porque me pasa a min tantas veces...

Parabéns pola fresura das túas entradas.