Un dos meus viciños, que chamaremos A, avisou ao seu viciño de escaleira, que está pasando uns días fóra e a quen chamaremos B, de que entraran a roubar nun piso do noso edificio hai un par de noites; díxolle tamén que estivese tranquilo porque o piso roubado non fora o del.
Como B está de vacacións no mesmo lugar que o viciño C, non dubidou en contarlle onte pola mañá o caso do roubo en canto o viu na praia, pero infelizmente non soubo dicirlle en que piso entraron os ladróns ou se roubaran realmente.
Inmediatamente, o viciño C telefonoume a min, que lle vivo diante, para contarme o do roubo e que lle mirase na porta por se había algún indicio de que o perigo nos rondara; podo facilmente imaxinalo en traxe de baño rebuscando nerviosamente o móbil pola bolsa entre a crema bronceadora, os cueiros do neno e o tabaco, e logo aliviado de saber que esta vez os escollidos foron outros.
Non teño máis detalles do suceso, pero hoxe a comunidade amenceu en pé de guerra: por todas partes (ascensores, garaxes, portais) hai avisos de que se manteñan as portas fechadas, de que se estea alerta cos estraños e de que non se abra a descoñecidos.
Para ben ou para mal, a comunidade acaba de facerse adulta.
10 comentarios:
Viva o adultismo! E de paso que fagan algún seguro máis!
Non está claro no seu texto se roubaron ou non roubaron nin onde roubaron. Non será unha falsa alarma dalgúns desaprensivos que queren vender seguros... ou comprar barato nunha "zona insegura"? Ou crear unha falsa imaxe de inseguridade para beneficiar aos do PP nas eleccions....
Eu do que me alegro é de que o tobo roubado non fose o seu, sobre todo polas pelis as fotos e os libros, claro.
adulta? e logo un roubo, o medo, a inseguridade fainos adultos?
Umm, moi discutible é iso.
Aclaración: Cando digo que a comunidade se fixo adulta non o digo en sentido positivo, senón ao contrario. Este roubo fíxonos perder a inocencia en que vivíamos até o de agora, cos portais habitualmente abertos, a publicidade a enchernos as caixas de correo, e os estraños vendedores de todo polas escaleiras sen control.
Isto acabou para sempre.
Logo mais que adulta, a comunidade o que está é acojonada, ;)
Jajja.Acojonada, sí.
pois a min o da comunidade levoume a lembrar aquela película
Xa, e agora durante unha temporadiña non se abrirá a porta nin ó carteiro!
os ladrós de temporada atacan de novo... e os veciños póñense en pé de guerra, lóxico.
biquiños e que todo se amañe pronto.
Publicar un comentario