mércores, 25 de agosto de 2010

Spam

Xa contei aquí que estou a pasar os últimos días de Agosto facendo limpeza ou, máis propiamente, buscando pretextos para adiala.
Por iso onte á tarde me aventurei polas tripas do blogue, a ver que eran todas esas lapelas e funcións que ultimamente agromaran no escritorio. Pois ben, foi como levantar alfombras ou mirar baixo das camas, pero aquí en vez de pó e voaxa o que atopei foi ofertas de viagra e esteroides, textos en chinés e ruso, anuncios de lotaría e alongadores de pene incrustados entre os vosos comentarios, meus queridos lectores e lectoras.
Despois de horas de espátula e estropallo o blogue está desparasitado, aínda que non sei por canto tempo.
Gustaríame non ter que poñer a palabriña de marras.
Actualización: Os alieníxenas voltaron ás poucas horas. Vou poñer a palabriña autenticadora. Sorry.

7 comentarios:

Xan dixo...

Non vai poder con eles, o mellor é non darlles a notoriedade que buscan. Se parasitan, son os novos Mesías das comunicacións globais e do mal uso da liberdade.

susana moo dixo...

Non o pillo.
Non sei cal é a palabriña de marras??

Aldabra dixo...

agora blogger sacou unha opción para detectar os spam... polo que eu vín, os que lle parece que son Spam, non os publica no blog.

o cal é maravilloso.

en otro orden de cousas, quero decirche algo acerca do comentario que dexache no meu blog no post de "Madre e hijas"... a verdade é que me parecía que eras pai divorciado e que tiás unha filla, é que como fai pouco que sigo o teu blog pois non o tiña claro... eu tamén son nai divorciada con filla, levo divorciada algo así como trece anos, e desde aquela encargándome de todo coa miña filla.

admiro ós pais divorciadas que siguen a preocuparse polos seus fillos ademáis de pagarlles a pensión, os admiro de verdade e son unha nai que sempre defendín que tanto un pai como unha nai teñen dereito a quedarse cos fillos si así o desexan, non somos mellores as nais que os pais... pero tamén a realidade me dí que moitas veces os pais escápanse das súas responsabilidades.

a miña experiencia co pai da miña filla desde a separación sempre foi moi mala, e no blog así o contei ben directamente, en algúns casos o ben de forma soterrada.

quero decir e resumo: non somos mellores as nais que os pais.

biquiños,

zeltia dixo...

Canto llo agradezo... porque lle teño lei, pero ás veces confeso que teño aborrecido as "emerxentes" que me saían mentres se cargaba o seu blog...

O da palabra tamén eu quedei pensando, coma Susana

Mararía dixo...

O spam anda por todas partes!

paideleo dixo...

A min pasoume o mesmo hai uns meses e tiven que pór en funcionamento o verificador de palabras.
Neste comentario teño que escribir "burie" e non "pirlos" que é como lle chaman ás follas do piñeiro por terras fisterrás.

Sun Iou Miou dixo...

Xa pasamos todos por iso. E despois o das palabriñas ata ten o seu chiste. Polo menos no blogger enténdense ben, que hai outros que as poñen dun xeito tan críptico que hai que ser farmacéutico para entender aquela letra de médico...

O do spam do blogger non funciona ben contra iso, xa aviso. O que mais me estraño nestes últimos tempos foi a aparición duns spam anónimos que falan inglés, que nin levan ligazón nin nada.