sábado, 30 de outubro de 2010

Centenario

Tal día como hoxe Miguel Hernández cumpriría cen anos; como era de esperar, uns, e principalmente outros, andan ás voltas para achegar a figura inmensa do poeta ao sol que mellor quenta, camuflando con homenaxes e palabras grandes a inxustiza da súa condena a morte, despois conmutada pola cadea perpetua cando o poeta xa estaba gravemente enfermo.
Para recordalo traemos hoxe aquí as Nanas da Cebola na voz de Joan Manuel Serrat; a historia é coñecida: escribiunas o poeta en prisión para o seu fillo, despois de ler unha carta da súa muller en que lle dicía que só se alimentaba de cebolas e pan.
Non coñezo nada máis conmovedor nin máis tráxico: pai, mai e fillo convértense en símbolo da miseria que ilustran as imaxes, e da que como sempre sucede foron os nenos as principais vítimas.

8 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Qué fermosura, señor Kaplan. Emocioneime.
E, de sócato, chegoume tamén a xuventude nunha foto na que se ve "la mallorquina"...¡cántas bambas de nata alí comprei polo 66 e 67...!

(E non sei se volverán aqueles tempos da guerra¿vostede non anda a ver unha certa volta atrás en manifestacións e censuras?)

Sun Iou Miou dixo...

Aí estamos, Kaplan: homenaxes a mortos (e moi mal mortos) e máis parecen pretextos para saíren algúns na foto e até facturar. Sálvase Serrat, que sempre estivo aí.

Natàlia Tàrraco dixo...

Con tres heridas él, vida amor y muerte, para la libertad luchó y escribió, mamando la amarga nana de la cebolla.
Gracias Robinson por recordarme con la voz de Serrat, al amigo Miguel que nos falta desde hace tanto, pero que nos faltará nunca.

Murió el sindicalista Camacho, sería centenario Miguel, y hace 100años se fundó un sindicato CNT. Vamos de homenaje a duelo a celebración.
Hombres como Miguel jamás olvidarlos. Bicos.

Aldabra dixo...

nesta vida hai persoas que lles toca sufrir moito e por riba inxustamente.

Hernández foi un desas persoas.

paideleo dixo...

Unhas imaxes e unhas palabras que espero non se repitan nunca;máis que nada polos nenos.

Raposo dixo...

Impresionante o poema de Miguel, impactantes as imaxes, e que decir da voz de Serrat con tanto sentimento e emoción!

Chousa da Alcandra dixo...

Un día contarei o que dicían das cebolas dous emigrantes de Antas. Hoxe non, que o post e serio e a quen vai adicado merece respeto.
Deixo saúdos

zeltia dixo...

paréceme a min que non pode haber ninguén que non se conmova con este poema.

as imaxes do vídeo tamén o son. a min lémbranme a frustración dun proxecto truncado.
¿cómo teria sido a vida de nosos pais, a nosa, sin o golpe de estado do 36?