domingo, 24 de outubro de 2010

Prematuro

Dando voltas por aí atopei esta felicitación de Natal cun significado especial para os pais de nenos con tanta curiosidade por ver o mundo que, coma a señorita Kaplan, viñeron a el antes de tempo.
O texto case ilexible que figura enriba, á dereita, di: Cada ano, a Unidade de Prematuros do Hospital Edith Cavell envía postais aos outros departamentos, así como a algúns ex pacientes. Este ano enviaron a postal a mediados de Outubro. Cando a abras verás a mensaxe:

Feliz Nadal (prematuro)



12 comentarios:

zeltia dixo...

Visto así, con esa ternura... ata me gusta!
[E mire que a min non me gusta o Nadal.- sería longo de explicar agora o porqué, (ai que en galego non leva acento, non sí?)]

Esqueceume comentarlle que me gustou unha das pelis que vostede me recomendou: vacacións en ferragosto.
Pareceume tan sinxeliña e tenra...
A vida ábrese paso por entre as engurras,
a pouqiño que nos deixan, divirtímonos!
[lembreime de súas tías]

grazas pola recomendación.

mariajesusparadela dixo...

Home, sería mais prematuro ( e menos apropiado) se lle mandaran aquelo de "ya es primavera en...".
A navidade nunca debería ser prematura no noso "xa maturo" corazón.

susana moo dixo...

Fíxome gracia esta precocidade, maila que noutros ámbitos é un coñazo a tratar.

Bolboreteira dixo...

Bufff! A min que non me agrada nada o Nadal...paréceme moi moi prematuro.
:)
Saudiños!

paideleo dixo...

Estivo ben o intento de ser prematuro pero xa se adiantaron por aquí e acolá.
O outro día entrei nun megachinés e estaban montando o de Nadal antes ca o de Halloween.
Anyway: merry Christmas !.

Raposo dixo...

Vindo desa Unidade a cousa ten a súa lóxica e a súa graza!

xenevra dixo...

Unha chulada de mensaxe!! Vese que a señorita Kaplan tiña ganas por vir argallar neste mundo; espero que cada día lle eumenten.
Un bico a ambos (para o feliz nadal aínda agardarei ;))

Aldabra dixo...

prematuo sí que é, moito... ademáis a mín o nadal provócame urticaria... pero neste caso a mensaxe ben merece a pena a visión da postal.

biquiños,

p.d.: non me olvidei de vostede sr, kapalan e que ando moi liadiña.

peke dixo...

Pois feliz Nadal, aínda que sexa taaaan prematuro.

X dixo...

Gústanme as súas novas nubes.

Sun Iou Miou dixo...

Que ignorancia a miña! Pensei que aquilo era un microondas!

Chousa da Alcandra dixo...

Pois se non era un microondas, era unha incubadora logo?.

(Acabaremos por celebrar as pascuas por ramos)