xoves, 28 de outubro de 2010

Detectives

Normalmente non releo: hai demasiados peixes no mar e a vida é breve.
Pero a semana pasada, a emisión dun documental sobre o imprescindible Roberto Bolaño que coincidiu co final dun mal libro doutra presunta raíña sueca da novela negra, catrocentas fétidas páxinas que significativamente avalaban revistas como AR e Yodona, mudou a norma.
Que me fixo levar da Biblioteca Pública tal fraude para a casa é algo que me terei que facer mirar, desde logo, pero cando andaba á procura dalgún remedio con que tirar da boca o mal sabor da cousa sueca, o documental da tele deume a idea de reler Los detectives salvajes (hai moito menos que lin 2666, como xa contei aquí), e poñerme de novo a buscar ombro con ombro cos real-visceralistas a Cesárea Tinajero polo deserto de Sonora.
Agora desde Ithaca como hai once anos e medio, no Verán do ano en que casamos, a busquei desde os parques e biergärten de Munich, de Ratisbona e Würzburg, e desde as salas de espera do aeroporto de Frankfurt mentres agardábamos o noso voo.

9 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Ademais de releer o libro, tamén andivo releendo no seu corazón. Que xo o dí Galeano "re-cordar. volver al corazón".
Porque os que escriben din cousas, pero moitas engadímolas os que lemos.

Ra dixo...

Gran re-elección :)

Natàlia Tàrraco dixo...

No escribo vuestra lengua y me pesa. Lo he leído en castellano, de lo mejor en mucho tiempo, personajes separados que luego, algunos, coinciden y son el hilo conductor, una trama que te apresa y fascina, ambientes "cultos" y "incultos", vida y calles, bares, ambientes, literatura y humor, reflexión sobre ella, una prosa impecable y vertiginosa, rica en vocablos, atmósferas incluida Barcelona donde nací. De las buenas de verdad. !Salve!

zeltia dixo...

Púxenme a ver o documental que enlazas, só para ver de que ía e decidir se o vería noutro momento ou non, e colgoume, que cando me percatei -coas cousas que teño quefacer- xa o vira case todo (é longo)

Pois ainda que haxa moitos peixes, se un é ben rico, pódese repetir [e non andar enviando arganas]

vaia recordos que lle ven traendo Roberto Bolaño...

ao recordar cousas pasadas hai tempo,
as boas lembranzas fanse mais doces,
e as malas dilúense, esvaécense, difumínanse...

Perry dixo...

¡Me lo pido!

susana moo dixo...

Non podo dicir moito hoxe, non son de novela negra, e non coñezo os autores dos que falas. Pero tomo nota, para cando me baixe a febre.
Bicos

Sun Iou Miou dixo...

Antes tempo para reler o que é bo, Kaplan, do que perder un segundo (menos 400 páxinas!) en ler bodrios. Se un libro non presta, non estamos obrigados a rematalo, penso eu, vaia.

Aldabra dixo...

pois o outro día vin que poñían o documental de Bolaño, estaba ceando e non o vín como tampouco lín ningún dos seus libros, aínda que sei algo (moi pouquiño) da sua corta vida.

¿con que libro seu debería comenzar? ¿2666?, éste ten moi boa fama... non sei.

hai que ver como se enlazan uns recordos con outros ¿verdade?

biquiños e boa ponte, pasada por auga, eso sí.

Sigrid dixo...

Eu, xa sabe vostede, son unha bolañista militante e convencida. Adoro "Los detectives salvajes", non querria sair nunca dese deserto. Pero saín para caer na extraordinaria "La literatura nazi en América" (hai que ter moito, pero moito talento, coñecemento e xenio para escribir unha historia da literatura ficticia). "2666", simplemente, é de recibo, única e imprescindible. E se non leu "El tercer Reich" (querencia polos títulos rariños que ten unha) delle. Ainda estou fascinada coa perversidade entre as súas liñas...