Compras e gastos
Como cada ano por estas datas, regaleime outro bocado de casa: tras a redución de prazos da
hipoteca, o tobo será completamente meu o 1 de Agosto de 2032, xusto tres meses antes de xubilarme segundo as novas e inevitables
previsións gobernamentais.
Fóra da miña nova parede, e con excepción do de meu cuñado, que non fuma nin usa gravata e requere moita imaxinación, todos os agasallos están baixo a árbore, e a cartilla treme á espera da reparadora paga extra.
Pero a señorita Kaplan complicoume un pouco as cousas onte ao dicir que non lle ten mérito ningún chegar e atopar os paquetes colocadiños á vista, que vai ser unha tortura velos e ter que esperar até a mañá de Nadal, e que prefire a sorpresa de erguerse e ir correndo a abrilos, por moito que me complique a min a vida agora gardalos nos altos dos armarios.
Polo demais, estou preguizoso e contando os días para as vacacións: a estas alturas non montei aínda o belén, non mandei as felicitacións aos amigos, e teño o tobo coma unha selva de caixas, cestas de roupa limpa, libros e discos fóra do seu, e desgana, moita desgana.
8 comentarios:
Un compañeiro comentaba hai un par de días que xa non quere regalos. Que si alguén desexa ter un detalle con el, sexa en Navidades ou cando lle pete,que se deixe de andainas e que lle meta uns euriños no peto para adiantar o prazos da hipoteca. Visto o que contas, penso que quizá a ti non che viría mal o idea... dito con todo respeto. Saúdos.
Ai, señor Kaplan, a min o belén montóuseme so. Dea gracias de que non se lle montara tamén a vostede.
Falando da hipoteca, onte chamou un tipo á radio para dicir que estaba feliz porque se acababa de meter nunha hipoteca coa moza... Quedei patidifusa.
De falar sobre beléns e agasallos abstéñome, por múltiples senrazóns.
pois estará desganado vostede... pero xa ten os agasallos comprados!
[eu ainda non pensei nin o que vou mercar]
na miña casa non hai, nin haberá nacimento, porque son atea perdida,
pero este ano os adornos e a árbore [artificial] non sairán das súas caixas.
as únicas felicitacións que enviei foron virtuais, e eso porque vin unha que reflexaba moi ben o "meu" espíritu navideño ¬¬
ánimo Kaplan, que xa lle veñen aí as vacacións, que eu nin teño!
A srta Kaplan ten toda a razón.
Póñase vostede no caso de ter a tentación diante e non poder tocala ata unha data prefixada...Se é un bombón, ata se pode derreter con tanta calefacción!
Liberaches hai pouco un libro? Porque hoxe o meu irmán chegou cun libro do crossing e mo deu dicíndome que eu son moi desas parvadas. Pensei que podía ser teu xa que ti es tamén moi desas parvadas
Escoitaba na radio hoxe pola mañá, que os bancos xestionan hipotecas a 77 anos.
Pois case estou coa señorita Kaplan.
Que pasen un Bo nadal.
veña, home, vótalle enerxía, que con esa desgana non te vexo cantando as panxoliñas.
bicos,
Publicar un comentario