mércores, 8 de decembro de 2010

Get back!

Non é certo que, como dicía o outro, agora de case todo hai xa vinte anos. Hoxe (mañá en realidade, por causa da diferenza horaria) cúmprense trinta anos do asasinato de John Lennon, ou o que é o mesmo, do día en que a morte se instalou para sempre como inquilina indesexable dos campos de morangos.
A lenda di que había pezoña neles desde moi atrás, que os diamantes no ceo de Lucy se volveran opacos co fulgor do diñeiro, que as extravagancias da psicodelia xa non eran nin inocentes nin divertidas, e que de Penny Lane  acabaran expulsando a banda dos corazóns solitarios para convertela nunha covacha de hipócritas que só pensaban no beneficio propio.
Os xornais informarían nos días seguintes que o asasino, un camareiro que cría ser Holden Caulfield, escolleu a Lennon porque era o máis famoso dos Beatles e a encarnación da mentira en que se converteran; o que non sabía é que matando o home estaba a reforzar un mito que formaba xa parte da memoria e dos corazóns dos homes, e que como tal perdurará para sempre.

7 comentarios:

Chousa da Alcandra dixo...

Mentras lía o teu post pensaba nesto que dis ó final "...matando o home estaba a reforzar un mito...". Imposible facerme unha idea de J.L. cun bastón renqueando por Manhattan (ou por Antas, poñamos por caso).
Saúdos

mariajesusparadela dixo...

Sí, os grandes teñen que morrer novos, senón, perden moito...

Xan dixo...

Mark Chapman quixo pasar á historia matando a un mito. John Lennon, Xa intuía que aos mitos ou morren nun accidente de aviación ou mataos algún tolo.
Saúdos

susana moo dixo...

bah
Convértense en mitos nesta cultura na que a xuventude é o valor mais waw.

Coma se perdéndoa vivindo fose un deshonor en sí mesmo: Lady di, Marilin, Elvis, J.L. ... penso que mellor se nos fixamos nos vellos artistas que saben seguir séndoo cando medran.

Anonymous dixo...

Los elegidos de los dioses siempre han muerto jóvenes.
Perry

zeltia dixo...

Eu xa non me puiden concentrar no resto do post despois de ler "fai 30 anos"
¿como vai haber 30 anos?
ten que haber un erro!

Aldabra dixo...

¡canto perdeu a música coa sua morte!
biquiños,