Cun nó na boca do estómago levei a nena para a casa dos avós que, naturalmente, non estaban; ocorréuseme que podía deixala na da miña irmá, pero tampouco había ninguén; finalmente voltamos aquí, e a señorita Kaplan quedou na compaña de Bob Esponxa mentres eu saía a fume de carozo disposto a atopar un ecce homo agarrado a un móbil e tendido nun cuarto de baño.
Nada máis lonxe da realidade; a chave estaba no lugar previsto, pero Polis non: estaba na cociña, vestido cun suéter colorado con renos e abetos, e rodeado de copas, pratos e bandexas de catering; alí lle aturei pacientemente que me chamase inocente e logo me explicase que C. estaba en camiño para un xantar a tres, e que argallou todo aquilo da caída no baño para que porfín C. e eu nos coñezamos sen valeren desculpas nin pretextos.
Supoño que Polis calculou, non sei por que, que a señorita Kaplan estaría para final de ano e Reis, e en vez dunha invitación civilizada a que correspondese unha resposta tamén civilizada organizou un show de tres pares que máis merecía que lle estampasen no cranio as robalizas trufadas.
Supoño que Polis calculou, non sei por que, que a señorita Kaplan estaría para final de ano e Reis, e en vez dunha invitación civilizada a que correspondese unha resposta tamén civilizada organizou un show de tres pares que máis merecía que lle estampasen no cranio as robalizas trufadas.
En lugar diso, e despois de lle dicir onde o mandaba, fun xantar onde a miña filla; ao outro aínda lle sentín laiarse de tanta comida como ía sobrar.
7 comentarios:
home, como lle pasou a vostede e non a min,
eu atópolle a súa gracia ó conto. e unhas desas trufadas deben estar ben boas.
[saberá perdoarme a sinceridade, ainda que parece que vostede parece que gasta xenio!]
Hai que recoñecer que a xogada saiulle mal a Polis; pero a inocentada foi caralluda!
Gústame moitísimo que sexa vostede inocente.
Por certo, mais lle vale ó noso querido Polis non ter nunca, pero nunca, nunca, un accidente de verdade en día 28 de decembro.
É vostede un inocente e con mal perder. O que tiña que facer era ir pola señorita Kaplan e mais o Bob Esponxa e levalos a xantar á casa de Polis. E que apandase coa santa inocentada ;)
Feliz 2011. Estivemos fóra ew non tiven ocasión de pasar por aquí. Bicos.
Unha inocentada moi pouco inocente, digoo por finxir un accidente.
Feliz aninovo.
Publicar un comentario