Tal día coma este de 1977 falecía Charles Chaplin; aquel mesmo ano e con varias décadas de retraso, os españois puidemos asistir á estrea d' O gran ditador, película que denunciaba maxistralmente a abominación dos fascismos e en que o noso particular ditador se víra retratado; dela escollemos a secuencia en que o barbeiro xudeu atende o seu cliente.
Para comezarmos o día de Nadal con música, cine e un sorriso tenro que anda pertiño da gargallada.
7 comentarios:
eu lembrome diso, pero dudo moito que tí á túa tierna edade de entón quixeras ir velo...
:-)
grazas (polo sorriso como postre da comida de navidad. Bo proveito, e saúdos ás tías!!! -espero que teña algunha boa anécdota que contarnos-)
eu tamén estaría morta de medo con esas mañas coa navalla.
biquiños e espero que teñas pasado una boa noite.
Canto non daría eu por ter esa destreza coa navalla!
(¿Algún voluntario para ensaiar?)
A história teima ás vezes em dizer-lhe aos máis a verdade que os menos lhe ocultam. E Chaplin nessa história foi alguem :D
A min sempre me gustaron as películas do cine mudo Ao non haber palabras as imaxes tiñan que transmitir máis
Como di Xan, interpretar os silencios a través dos xestos é algo prodixioso que require unha gran interpretación e atención por parte do espectador. Bon ano novo.
Gran personaxe que segue vivo porque non o olvidamos e gran película que é un gran legado.
Bicos!
Publicar un comentario