Quen deu a saída foi meu cuñado, que chamou para ver se eu tiña algúns camelos de sobra; díxenlle que non, que os que teño son tres e indispensables, pero que podía prestarlle uns poucos pastores e unha lavandeira. Aínda estou á espera de que os veña buscar para o superbelén que lle montou na tenda e que trae a miña irmá pola rúa da amargura.
A señorita Kaplan, que ten unha axenda máis chea que a de Ban Ki-moon, tamén chamou para dicir que tras os cambios e cancelacións de última hora nos ensaios, adestramentos e partidos que lle cómpren, pasará connosco a primeira parte das vacacións, en vez do Aninovo e os Reis como os últimos anos. Moi previsora ela, tamén di que ten as listas ao día: quen terá que lle regalar a Barbie, quen un pixama, quen o xogo de mesa, etc.
Aquí xa esperan por ela baixo a árbore o que me pediu, un libro dos records e a quinta temporada de Friends, pero tamén un microscopio e unha gran bóla de neve cos que non conta.
Esta semana comprareille un par de libros máis.
Para min, inesperadamente, foi o destino quen decidiu: cumpriume un novo DVD para substituír o outro, que colleu o feo costume de colapsar a media película. De momento, hai tres ou catro que esperan desvelar se ao final os protagonistas casan ou o se o mordomo era o asasino.
12 comentarios:
Qué rica esta Señorita Kaplan :)
Que guai, encantam-me as bolas de neve!
E, já que vim por aqui, parabéns polos seis incombustíveis anos e fantásticas crónicas :-)
A min tamén me parece encantadora a señorita Kaplan..
A ver se hai sorte co do DVD e senon auto regalo..sempre funciona :P
bicoss!
Aburridiña estou, destas festas.
Xa ten vostede a árbore, e os agasallos debaixo dela!
bueno, sí, xa sei que só faltan 10 dias,
en fin, bueno,que nervios. o nadal vén cara a mín coma unha locomotora!
[dios nos coja confesados]
A Señorita Kaplan ten todo moi controlado polo que se ve...
Eu non é por amolar o final das películas, pero o do criado asasino case sempre é un tópico que non se cumple.
Na Chousa aínda non escribimos ós Reis. Que temos a teima de ser monárquicos por un día. Xa ves...
Saúdos
Isto é o que se chama unha correctísima xestión do Nadal. Así non me estraña que a tradición perdure.
Vaia! Que similares son moitas historias nestas datas!
Por aquí xa hai anos que non se escribe aos Reis Magos eses, pero sempre acaba caíndo algunha sorpresa.
Un saúdo.
estou vendo que como os Reis chegan moi adiantados na túa casa, vou pedir que os meus Reis deixen ai os meus regalos... quero un reloxo de aceiro, sinxelo; uns cantos libros, un calendario de parede de dibuxos preciosos que vin na libraría... ireiche escribindo según se me vaian ocurrindo cousas ;-))
oxalá a ti te traian todo canto pidas.
encántame a boliña de neve, eu tamén teño unha.
bicos,
Polo que se ve, parece que as previsións da señorita Kaplan véñenlle nos xenes.
Voume correndo a escribir a carta, non vaia ser o demo...
Dou-te aqui uma prenda, em forma de letras, a letra de uma canção linda que a Lara Li cantava, abraços:
Telepatia
Telepatia, silêncio, calma
Feitiçaria da tua alma
Passo a passo, sem ter medo
Abrímos, soltámos o nosso segredo
E a sorrir devorámos o mundo
Num abraço tão profundo
Telepatia, sem contratempo
Deixei-te um dia, num desalento
E eu sonhava, existia
P'ra sempre, p'ra sempre foi pura poesia
Sem pensar não vi que passavas
Pelo meu corpo não ficavas
E a sorrir devorámos o mundo
Num abraço tão profundo
Telepatia, silêncio, calma
Feitiçaria da tua alma
Telepatia
Telepatia....
Publicar un comentario