Este blogo cumpre seis anos e un día: con 1.037 postaxes e 4.113 comentarios a día de hoxe, non fai falta que diga que se mantén en pleno vigor, que non precisa vitaminas nin máis estímulos que os comentarios dos amigos fieis que por aquí asoman, e que segue vizosa aquela teimosía por contar cousas insignificantes que polo visto aínda interesan a moitos.
Non sei que fai que un blogo acabe, pero este parece que ten corda dabondo.
16 comentarios:
Y que cumpla muchos más.
Por primeira vez, despois de moito tempo, volvín hoxe, non creo nas casualidades, gústame máis pensar noutro tipo de explicacións, o caso é que me alegro moitísimo de que a miña volta me permita felicitalo puntualmente e non tarde e mal como viña facendo nos últimos tempos.
Di que este blog goza de boa saúde, eu atreveríame a dicir que, polo menos cando o deixei hai mes e medio, vivía unha das súas mellores épocas. Deséxolles sempre o mellor a vostede e ao seu blog, estimado Sr. Kaplan.
Parabéns!
PD: E agora vou aproveitar para me poñer ao día do que ten pasado por Ithaca na miña ausencia.
Sí señor, espíritu. Iso é o que nos move. Saúdos y que sexan moitos máis.
E eu que me alegro moitísimo.
parabéns, 6 anos ......son unha chea deles.
Bioss!
O seis é un fermoso número.
Sinto verdadeira envexa de todos os que levades gozado tanto nesta maneira tan intimamente exhibicionista que temos de vivir os desta casta nosa.
Parabéns señor Kaplan.
Parabéns, Kaplan! Vamos a mais seis? :-)))
un aniversario que ben merece unha celebración!
[como rematei agora mesmo a cea, e ainda me queda un chisco de viño, vou brindar por estes seis anos coa xanela aberta cara o mundo, e xa que goza de moi boa saúde, polos 6 seguintes!]
Comuniquemonos pois! :D
Parabéns, Kaplan, e que siga gozando de boa saúde.
Que sejam muitos os 6 que ainda há para vir... PAR
Parabéns pola constancia e polos bos momentos que provocan a lectura das textos.
Saúdos
Parabéns polo aniversario! Para min este espao é todo un descubrimento.
Un saúdo.
Parabéns, e que cumpla moitos máis.
Virei de viaxe a Ítaca máis a miúdo.
Grazas.
noraboa, Sr. Kaplan.
seis anos é toda unha vida.
biquiños,
Vaia, vaia, esta visitante fiel faltou a cita. Espero que non me castigue.
Parabéns ao Robinson e a sua Ithaca, nin que sexan atrasados.
Publicar un comentario