- Investigar onde levar os vellos xoguetes da señorita Kaplan, agora que me deu permiso para entregalos a unha ONG; hoxe en Caritas dixéronme que non aceptaban xoguetes, e que na Cruz Vermella tampouco.
- Terminar o libro de Beevor sobre a guerra civil: é todo un desafío soster un tocho de oitocentas páxinas, saltando do texto ás notas e mapas que figuran ao final do libro. Ultimamente avanzo tan pouco que a batalla do Ebro parece en tempo real.
- Comprobar a inflación interanual de Novembro para actualizar e ingresar canto antes a pensión da nena.
- Limpar o tobo e poñelo en situación de revista; tamén comprar víveres: sen noticias de Polis, nos próximos días, e por separado, pasarán por aquí Teddy, os Haddock e Tere Holmes.
- Acurtar pelo e barba, sen falta; farteime xa de que a miña mai diga que parezo un Nazareno e de que o meu cuñado me chame Sandokan; tanta imaxinación acaba fastidiando.
luns, 3 de xaneiro de 2011
5 Cousas que facer no Aninovo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
10 comentarios:
Está ben o sistema: impoñerse cousas doadas de facer. Penso que vostede é un home ben listo...
O dos xoguetes chamoume a atención. Non sei porque non os recollen ¿?? demasiada burocracia!!!
5 é un bo número para comezar, aínda que o da barba non sei se é, dáme que vai ser deses propósitos que hai que ir renovando cada 5 ou 6 días.
Feliz 2011 para a señorita kaplan e para vostede
Os seus menesteres lembráronme que tamén eu teño que ir á perruquería e amañar o tobo.
Son cousas que non se poden deixar moito tempo, e ningunha das dúas me gusta facelas.
admiro a súa vontade, eu xa tería tirado co libro!
[o dos xoguetes tamén me asombrou a min...
pero agora que vostede o dí, nunca souben que Caritas regalara xoguetes... probe coa Igrexa Católica: en moitas parroquias coñecen de perto situacións familiares precarias onde os nenos non disfrutan de moitos xoguetes e dunha maneira mais directa farianllelos chegar sen tanta burocracia.
-non sei cómo de católico é vostede, jeje, pero xa que están aí, e hai que tragar cunha chea de cousa que nos disgustan, que menos que aproveitar a súa infraestructura para o positivo. Mentalidade práctica]
Propósitos realistas e doados de cumprir. Así me gusta. Xa estaba temendo que decidise apuntarse a un ximnasio. ;)
OHH! E como no admiten xoguetes? Está claro que hai cousas máis de primeira necesidade pero os nenos pobres tamén teñen ilusions como os demáis..
En fin! por algo será.
Metas sinxelas..pero por elo menos impostantes.
Biquiños!
Tiñas que haber cortado o pelo en decembro, oh, que agora algunas barberías xa subiron os prezos!
Non atopei no post do ranking onde escribir!
íalle dicir que tamén a min me chegou unha cousa de wordpress cun montón de estadísticas, algunhas ben simpáticas, como isto:
"The average container ship can carry about 4,500 containers. This blog was viewed about 24,000 times in 2010. If each view were a shipping container, your blog would have filled about 5 fully loaded ships.
cachondos los tios...
Sr. Kaplan non é de ver senón de escoitar
http://www.ivoox.com/selva-esmelle-podcast-0001-20110101-audios-mp3_rf_476197_1.html
A ver aí.
A min pasoume como a Zeltia,(post do ranking) Asi que deixollo aqui:
Un mostrario de temas amplo. Un pouco de todo como en botica, contado dun xeito entretido e interesante. Grazas por compartilo
Publicar un comentario