xoves, 6 de xaneiro de 2011

Última listaxe

Prometo solemnemente que esta é a última listaxe, que non vai haber máis balances despois deste das lecturas do último semestre do ano pasado, que a partir de agora e no que respecta a este blogue o 2010 será  esquecido e arquivado para sempre baixo sete chaves.
O primeiro dos libros empeceino in situ, precisamente: Estambul. Ciudad y recuerdos, de Orhan Pamuk. A el seguiron La leona blanca, de Henning Mankell; O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro (de quen por certo Settecento me espera na mesa de noite); En tierras bajas, de Herta Müller; Klaus Nowak, limpiador de alcantarillas, de Pedro Mañas Romero; Akhenatón, de Naguib Mahfuz; Salitre, de Jaureguízar; Los gritos del pasado, de Camilla Läckberg; En castellano no hay problema, de Carlos Callón;  Los detectives salvajes, de Roberto Bolaño; Xela volveuse vampira!!!, de Fina Casalderrei e Noemí López; e  La guerra civil española, de Antony Beevor, que non pasará desta semana.
Palabra.

10 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Dous ó mes non está mal, señor Kaplan.

zeltia dixo...

Pois xa sei que a listaxe a fai para vostede.
Pero eu agradecería un breve comentario persoal:
Que impresión lle deixou,
ou unha cita,
ou unha pequena crítica,
que sei eu, o que lle nacera.

Eu non leo nada. Leo blogues e artigos en internet. E de toda esa mesturanza non asimilo nada. Ou si?
Ultimamente sinto a necesidade de compartir dun xeito mais íntimo:
unha relación entre o escritor ou a escritora máis eu.

sin entrar en propósitos, xa veremos

Ra dixo...

Tengo curiosidad pura y dura por el de Carlos Callón, ¿qué me dice?

Anonymous dixo...

Os Reis deixáronlle isto na Selva.
http://www.eldoblaje.com/
Saúdos.
X

Raíz Verde dixo...

Eu tenho um monte de libros amoreados agardando a ser lidos aínda e vejo que aínda nom lim nengum dos que vôce pom ahí... Em fim, terei que ponher-me mais em sério¿?

Maribel-bel dixo...

É vostede un gran lector, sen dúbida sempre terá os ollos moi fermosos e bon vocabulario e gramática. Un saúdo (eu estou a ler a Lois Pereiro,comenza o seu ano)

A Nena do paraugas dixo...

O último que veño de ler é "A nena e o grilo". Un delicioso libro infantil, cun CD incorparado. Foi un regalo de despedida duns compañeiros de traballo. Do meu otro traballo, do que xubilei...
Como Zeltia, a penas leo máis ca os blogues que visito, un par de xornais en rede e o DOG. Así que o meu balance é... penoso.

En fin. Xa veremos o que pasa deica decembro.

Un saúdo.

Xan dixo...

Unha lista de libros que evidencia que vostede lee moito e libros moi interesantes. O último que eu lin foi Dios creo los números de Stephen Hawking.
Saúdos

peke dixo...

Eu son nefasta para os balances. Grazas polo seu.

paideleo dixo...

Admiro a túa capacidade leitora e que aínda así teñas tempo para publicar na rede.
Eu eliminei o tempo de leitura por esta afección da interrede que me absorbe o tempo libre que é cada vez máis escaso.