sábado, 22 de xaneiro de 2011

Zodíaco


Que foi daquel tempo en que se daba por suposto que nada hai máis inmutable que os astros?
Cando aínda a moitos nos dura o encabuxamento pola degradación de Plutón a planetoide, agora sabemos que as constelacións do zodíaco son trece e non doce, e que a entrada no nomenclátor oficial de Ofiúco ou Asclepio fai que boa parte dos que éramos de Escorpión sexamos en realidade de Balanza ou, como di algún xornal, fiquemos sen personalidade nin destino.

10 comentarios:

Ra dixo...

Me niego, yo soy Leo y punto. Qué c*** de ningunear la identidad, ni hostias ;D

mariajesusparadela dixo...

Tamén eu me nego:¿non me pasaron dos xemelgos ao touro? . Pois, non, nin cornuda nin contenta.

susana moo dixo...

Pois eu estou disposta a mudar de personalidade cantas veces sexa necesario e conveniente.

Chousa da Alcandra dixo...

Eu non sei que son -zodiacalmente falando-; pero a degradación de Plutón é unha plutada.

paideleo dixo...

Hai cousas que non deberían mudar e unha é o zodiaco, para omeu corto entender.

zeltia dixo...

a ver ho, míreme aí,
os onces de agosto onde imos dar, ló? [eu estou desexando non ser leo nunca máis, farta de que me digan que seica quero ser coma o sol e estar alumeando arreo]
e se fora vostede, mellor ser unha balanza que un jodido escorpión

Bolboreteira dixo...

Mi madriña..póñenos o mundo patas arriba..Eu xa me informei e sigo sendo capricornio,uuufffffffffff que alivio, podo seguir sendo como era para ben e para mal. :P
Bicos!!!

Aldabra dixo...

e eu sin sabelo.

biquiños,

Sun Iou Miou dixo...

E para máis trece! O número dos supersticiosos por antonomasia... De aquí non pode vir nada bo. Eu voume deixar estar de muller-egua, que me vai ben así.

Concha López Fernández dixo...

Vaia oh! Agora xa non sei entón se sigo sendo virgo ou non. A verdade, pode que nin me moleste en averigualo. Total, a miña vida pouco vai mudar se de repente, por seren trece e non doce as constelacións do zodiaco!

Un saúdo.