Eis un novo vídeo que descubrín nos estómagos do disco duro externo, e que tiven que rescatar de Youtube tras o expolio. Pode que o título non lle acaia demasiado ben a un anuncio de hipotecas americano de hai poucos anos que, polo demais, termina cunha frase que hoxe, e á vista do que leva chovido, explica moitas cousas: Non xulgues demasiado pronto. Nós non o facemos.
6 comentarios:
Ela pensará que lle ía dar gato por lebre...
A verdade é que visto así, ao pronto, pode parecer calquera cousa! Pero fixándose un pouco, o tomate non ten precisamente a mesma cor...
O malo de xulgar sen argumentos válidos é que é un costume demasiado estendido.
Un saúdo.
As cousas non son sempre o que parecen
eu vira este vídeo en algures!
:)
recórdame o chiste aquel do home que estaba muxindo a vaca, e ésta lle estaba dando co rabo decote, entón pensou en atarlle o rabo á vaca na viga do teito,
dito e feito!
puxose detrás da vaca e como non chegaba á viga, subiuse ó tallo de muxir, e para atar o rabo sacou o cinto.
Xusto cando estaba atando o rabo na viga co cinto do pantalón,
esbaroulle o pantalón pernas abaixo e entrou a muller na corte:
-Manolo, aidiormio, que estás facendo!
-Non o ves? fodendo na vaca!
E que hai cousas que un por moito que explique nunca lle van crer!
Nem sempre a primeira impressão é a mais certa!!
Hai veces nas que a frase de "isto non é o que parece", realmente é certa. Outra cousa é que cha crean.
Saúde
Publicar un comentario