venres, 1 de abril de 2011

Restaurando

Non se me sorprendan se ven que, nas listas de actualizacións, este Reincidente vai do presente ao pasado; non ensaio técnicas narrativas nin aplico o flash back ao blogueo, tan só tento restaurar o que lle falta: algúns post recupereinos das sementes, outros do propio buscador, e outros están perdidos para sempre.
Coas imaxes é aínda peor: faltan a maioría das que ilustraban os post desde 2006, e aínda que quixese non volvelas subir quedaría o oco que ocuparon na entrada, como cando se quita un cadro dunha parede e o cerco á volta del denuncia a ausencia.
Sigo indignado, pero menos.
O outro día, nun programa da tele adicado ás novas tecnoloxías, dixeron que o mundo dos blogues agoniza tras a aparición do facebook e o twitter, que hai que reinventarse para sobrevivir, e que o 95% dos blogues que se abriron están mortos ou non se actualizaron desde hai séculos.
Daquela sentín que a indignación me subía varios graos: tamén é mala sorte que, habendo tantos millóns de blogues insepultos e á deriva blogosfera adiante, tivese que ser  precisamente o meu o que foi desactivado.
Con tanta fortuna non entendo por que nunca me dá tocado a primitiva.

12 comentarios:

Bolboreteira dixo...

Admirable o traballo que estás a pasar..non desesperes!! e ánimos!
Biquiños!

zeltia dixo...

Eu solidarízome co cabreo!
É verdade que hai moitísimos blogues mortos. Os que perviven son de temas de actualidade; os adicados ó ensino; de sociedades, de institutos; sitios de traballo etc.; de periodistas, escritores, etc.
eu estou dispostísima a pechar o blog cando apareza un formato que me conveña. De momento o facebook non se me adapta. Eu só uso o facebook de Zeltia para publicar os posts jajaja. O facebook persoal confio en que pronto me sirva para aforrar SMS aos amigos colgados do FB; pero de momento ainda non teñen todos internet no móbil, asi que... nada.
O Twiter gústame a idea, pero só para os amigos. Eu non me paso o dia saíndo e entrando de sitios interesantes, nin estou a cotío con persoas famosas, nin presento nada, nin inauguro nada.
[atópolle certo sentido a seguir a alguén que teña acceso a información de primeira man en temas que che interesen; é unha maneira rápida de enterarte de todo]

happt weekend, Kaplan!

mfc dixo...

Sei o que sentes e daqui te mando um grande abraço.
Obrigado por todas as ajudas que me deste!

mariajesusparadela dixo...

Ánimo, señor Kaplan. Cada recuperación é un trunfo.

paideleo dixo...

É un fastidio, si.
Eu dende que perdín unhas fotos fago copia en Cd das fotos e do blogo e aparte teño copiado o blogo en blogaliza.
Pode soar paranoico pero espero safar se un día me fan unha xogarreta como a que che fixeron a ti.

Concha López Fernández dixo...

Eu tamén me solidarizo co teu encabuxamento. A min pasoume algo similar cunha conta de correo: cando queixen entrar, dicíanme que non existía.

Un saúdo.

xenevra dixo...

Recuperando pouco; non hai présa.
Do facebook... tenteino, pero non o "pillo". Gústame ler os blogues.

Ra dixo...

Me c*** en la p***, usted no se merece esto... (pediendo las formas)

Ra dixo...

perdiendo, vaya :P

Chousa da Alcandra dixo...

Entendo o cabreo e solidarízome co pensamento.
Fai vostede a primitiva? Por se as moscas...

Sun Iou Miou dixo...

O facebook non ten nada que ver con isto. Eu probei e non me chistou. Simplemente o uso para saber que é da vida dalgúns amigos que... desque se meteron no facebook xa non escriben cartas. Canto ao twitter creo que vai ter que chover para que entre por ese aro.
Cos meus altos e baixos, quedo cos blogues.

Aldabra dixo...

non sabes como te comprendo, a verdade é que eu tiven moita moita sorte, aínda non o creo.

ata chorei cando vín que meu blog desaparecera.

biquiños,