Todos os que me len o blog saben que os testes me gustan máis que a un parvo un rotulador; sen embargo hai algo aínda mellor, e é cando a un lle dan un premio.
Neste caso non me caeu nin a primitiva nin os cegos nin terei que desprazarme proximamente a Oviedo: a imprescindible e grata Zeltia tivo a ben concederme o Sunshine Award, premio cun nome de tan exóticas reminiscencias, coa condición de concederllo á miña vez a outros doce blogues.
Que escollín entre os que manteñen relacións con Ithaca á medida que se me viñan á memoria, e por ningunha outra razón; como só entraba unha ducia, e a memoria non dá para máis, despois de descartar os que xa estaban na listaxe de Zeltia, eis os que quedaron.
Ningún comentario:
Publicar un comentario