Primeiro enchinme de valor para ir buscar ao rocho esa especie de sartego de cartón branco e esmagado en que despois dos anos se converteu a caixa do tradicional abeto Douglas made in China.
Despois metinme en fariña media tarde, entre bólas brillantes, estrelas de purpurina e pastores variopintos; sen parar, coma un neno boíño.
Pero...
...tanto me custou desmontar a árbore e arrumar o nacemento... que até me deu por pensar se non habería por tras daquela desgana algo máis que preguiza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario