Disque hai un tempo para cada cousa, e que afinal todas as cousas acaban.
É así como a volta a Ithaca en 1.150 posts ve con este o seu final, seguramente definitivo e sen máis reincidencias.
Despois de máis de sete anos, até Kaplan sospeita que a naturalidade con que se narraban as insignificancias e neuras do día a día empezara a tinxirse de rutina, que as palabras espesaban, e que hai vida máis aló do blogomillo no que outrora foramos pioneiros ou case.
Aos amigos e amigas que asomaron a este tobo tantas veces e deixaron testemuño de afecto en miles de comentarios, ás autoras e autores dos blogs tan queridos e visitados por min como quen entra en casa de familia, a todos grazas e unha canción como despedida.
Até máis ver.
Ningún comentario:
Publicar un comentario