Cando quixen facer aquilo de sempre das películas vistas no semestre pasado, un slide máis ou menos bonito que me servise de inventario sen ter que poñerme a unha sosa listaxe de títulos, descubrín con estupor que en poucos meses todo aquel sistema vai desaparecer, varrido polo vento do monopolio.
Así que, para evitar que me leve a corrente como disque lle sucede ao peixe que non nada, a min (que non nado nada) cumpriume facer desta volta unha película máis ou menos bonita que me servise de inventario para non ter que facer unha listaxe daqueles títulos vistos ou revistos, na que verán que, como sempre, hai de todo.
E a principal innovación, grazas ao Amo do Calabozo, o cine contido dentro dunha película muda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario