venres, 9 de decembro de 2016

Arrefriado

Estado morboso ocasionado pola exposición ao frío ou á humidade asociado con catarro dunha ou máis mucosas que comporta un aumento da secreción nasal, espirros, tose etc.Así define o dicionario como me atopo estes días; se a isto lle engadimos ollos chorosos, dor no peito, afonía e desánimo xeneralizado, a descrición é completa. 

Da consulta volvo para a casa cargado de pos e pílulas azuis, un xustificante para o traballo e a orde de repouso absoluto de voz durante tres días. 
De nada serve culpabilizar o catarro que a señorita Kaplan trouxo consigo o outro día, a trasnoitada en Delfos o martes ou as vertixinosas oscilacións de temperatura que vivimos, así que, tras pasar pola farmacia e comprobar que na casa hai víveres suficientes, instálome no salón cun barril de té, un cargamento de kleenex e un lote de películas. O Falcón Milenario xa agarda por min quecendo motores.

Ningún comentario: