venres, 5 de setembro de 2008

Burning

O final das vacacións trae consigo o reencontro con alumnos e profesores desganados; entre estes últimos, algúns en realidade maldisimulan un entusiasmo polo retorno que eu hai anos xa non sinto, e á menor oportunidade soltan planos de excursións, visitas e actividades extraescolares para este curso que os demais non damos dixerido.
Como moito, fóra da avaliación son quen de queixarme dos malos resultados, dos inexplicables suspensos dos que deixaran dúas, tres asignaturas para Setembro e non as deron aprobado, e por iso repetirán curso ou non titularán, dos que non se presentaron, dos que promocionan por imperativo legal, dos que nin sequera sabían cando ou de que se tiñan que examinar.
Á parte disto, nada; mentres as de francés, inglés e historia esperan quenda conversando animadamente de embarazos de actualidade, casamentos e narices, eu vou mecanicamente asinando actas e informes como o que en realidade son: tan só o muro de papeis que me separa do curso que xa vén.
Fóra, o día está escuro, diluvia e eu sigo sen coche.

7 comentarios:

D.Rambaut dixo...

Dame a impresión de que por dentro tamén está escuro, anegado e por suposto sen coche..... :-(

Daniel

Leticia dixo...

Creo que lo que pasa, es que estos dias de septiembre no son el principio del nuevo curso, sino el final del pasado. De ahí esa extraña sensación de hastío. En unos días estrenará listas nuevas, libros, agendas, carteras y libretas que no darán ninguna señal de lo que hubo antes.
Espero que los ánimos mejoren en breve.
(lo del coche... ya se sabe lo que pasa con los talleres se sabe cuándo entra el coche, pero nunca cuándo va a salir!!)

Perry dixo...

¿Sabes? Que les den a los alumnos, al coche, al Aznar y a la nriz de la infanta. Anímate, que el nuevo curso ahí viene

Sun Iou Miou dixo...

Pense, Kaplan, na fermosura melancólica do outono, antes de que nos conxele o inverno.
Non lle envexo nada, iso si, a estupidez que parece rodealo nun lugar onde se supón que se imparte coñecemento.
Pero, en fin, se o mundo fose doutra maneira, evidentemente sería doutra maneira. Ou?

♥ meninheira ♥ dixo...

Despois de lerte non podo (debo, quizais) máis que engadir... "ains!"

willy dixo...

somos os funcionarios favoritos do ministerio do desencanto

mariajesusparadela dixo...

O máis grave é o "sen coche", o demais, poquiño a pouco...
A lo menos, ti xa chegaches a Ítaca, que eu non fun quen...