mércores, 10 de setembro de 2008

Requirimento

Iso de que Facenda somos todos proe e escarnece cando, a día de hoxe, este contribuínte non recibíu aínda a devolución correspondente, gorentosa e útil como poucas.
E non só: acaba de chegarme unha carta seca, prepotente e case incomprensible, como se o destinatario fose en última instancia o manguis causante da crise (perdón: do momento certamente complexo e cheo de dificultades que atravesamos) ou algo pior, advertíndome que debo presentarme na Axencia Tributaria cun cargamento de papeis, recibos, escrituras e paciencia para xustificar, tres meses despois, aquelas deducións que outros funcionarios tiveron a ben practicarme.
Por suposto, os xuros de tanta ineficacia nin os cheirarei.
Xa estou ouvindo a miña mai mentres xantamos: A can fraco todo son pulgas.

3 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Repito o de onte: alomenos, atopaches Ítaca,, eu, cando quixen volver, non me coñeceu nin o can...
E, seguro que mañá, xa tes coche.
Alá vai un pulo: ainda faltan uns días...

Raposo dixo...

Con la Hacienda hemos topado, amigo Kaplan. Paciencia.

Perry dixo...

Dígamelo a mí, que tuve que pagar casi 2000 eus