(...ou Cousas que facer en Ithaca antes de comezar o Curso. )
- Chamar a R para celebrar un ano con Telefónica largándome, precisamente, de Telefónica.
- Alugar una furgona para ir reclamando por Ithaca e a contorna as aproximadamente dez mil películas, CDs e libros que teño prestados (cómpreme empezar pola casa da miña irmá, onde a miña sobriña non debe case caber no cuarto).
- Lembrar que a miña nova colega de departamento non se chama realmente Olivia, e que tampouco foi moza de ningún mariño chamado Popeye, como aseguraban os alumnos do século pasado, cando traballamos xuntos por primeira vez.
- Localizar para Ártabro certa figura coleccionable de Batman que ao parecer vendían nos quioscos hai unhas semanas tras a estrea da película, e que en Brigantia están esgotadas. Empezo a temer que Polis non é o único que comparte cama cun friqui.
- Quitarlle da cabeza a meu pai a teima de limpar o rocho. Sigo tan marcado polas limpezas de rocho da miña adolescencia (inesperadas, indiscriminadas e feroces) que aínda tremo cada vez que meu pai usa as palabras faiado e limpar na mesma frase: arramblaba co que lle parecía inútil, e logo a miña irmá e eu tíñamos que ir salvar do lixo o que podíamos, se podíamos; alá foron o Exin Castillos, moitos cómics do Capitán Trueno e o Jabato, a Nancy da miña irmá e nin se sabe cantas cousas máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario