Orballaba hoxe ao mediodía cando, ao encher o depósito, comprobei que o prezo da
gasolina sen chumbo de 95 está (aínda que testemuñalmente) por baixo de 1 euro.
Alegráronme o día todos aqueles noves xuntos, como non, apesar do orballo; agora que escoito pola
radio que ben puidera baixar de novo o prezo dos
cartos, até me sinto conmovido.
4 comentarios:
:)
E, non o acabamos de crer. Pero, ¿sabes? segundo din os que entenden, tiña que baixar moito máis...
Encomenda feita.
Ai, se o sei ía tamém botar gasolina, ata que burdase por fóra, por levar unha alegría hoxe.
Publicar un comentario