sábado, 22 de novembro de 2008

Entradas

A última vez que estivo en Ithaca foi no Sampailán do 2000, e nós vivíamos en Atenas; daquela non o puiden vir ver porque a señorita Kaplan estaba con febre e súa mai e eu debecíamos á volta do berce, como pais novatos de libro que éramos.
Oito anos despois, o 30 deste mes, volve Paco Ibáñez a Ithaca: hoxe desenterrei dous elepés de vinilo e unha casete, e desde onte teño localizadas as entradas, o acompañante e, aínda que sigo sen fumar, até un chisqueiro por se a emoción se desborda o día de autos, aínda que Polis me desenganou con que se agora algo se acende nos concertos é a fría luz dos móbiles.

4 comentarios:

D.Rambaut dixo...

O.O
Si, si, si ¡¡¡¡
"Aristóteles lo dijo": ¿diferenciarémonos?

Daniel

bueno dixo...

Parar de fumar é muito bom! Nao sei como fazer isso! Um abraco apertado de Berlim

Sun Iou Miou dixo...

Cando lle entre vontade de fumar, póñase a cantar a voz en grito: A cavalgar, a cavalgar, hasta enterrarlos en el mar... Vai ver que non se poden facer as dúas cousas a un tempo.

E teña coidado ao prender o chisqueiro, non o vaian levar preso. Páseo ben por min e non chore moito.

Perry dixo...

Celebradlo también en mi nombre, que no he de estar sino muy lejos (como decía el poeta)