Hai seis anos, o Prestige, un petroleiro monocasco anticuado e en pésimas condicións, con tripulación inexperta e as adegas cargadas de fuel-oil, zozobraba baixo o temporal cunha vía de auga de 40 metros; durante varios días, entre fortes ventos e ondas de cinco metros, seguiría unha inexplicable deriva polo Atlántico, fronte ás nosas costas, antes de se partir en dous e verter ao mar varios miles de toneladas de piche.
Non esqueceremos nunca o desastre que seguiu ao naufraxio; tampouco como o país foi abandonado á súa sorte, entre mentiras e incompetencia; pero moito menos, a solidariedade da boa xente que, anónima e xenerosamente, acudiu a socorrernos.
2 comentarios:
É certo, viñéronnos socorrer os que menos podían.
Se ben é certo que non debemos esquecer o pasado, afortunadamente o noso cerebro humano tende a non lembrar as cousas negativas. Gústame o post porque de todos os enfoques posibles do tema, vostede recolleu o único positivo. Para min a imaxe por excelencia do desastre do Prestige por riba de mar, animais e rochas afogados en negro é unha fotografía de Man horrorizado. Nunca hei esquecer esa imaxe, e aínda hoxe acabo de ir vela e despois de tanto tempo sigo sentindo o mesmo que sentín hai seis anos. En fin, xa me enredo demasiado, saúdos señor Kaplan.
Y la de cosas que cambiaron en este tiempo, y los fragasaurios extinguidos, y los ánsares ladrando rencores, y los hilillos de plastilina del perdedor de elecciones. Ay ay ay!
Publicar un comentario