Parece que non fun o único que reparou en que a cartilla bancaria do inmigrante de Barcelona premiado co gordo estaba infestada de comisións. E como adoita suceder nas películas de Frank Capra que a tele repón todos os anos por estas datas, a honradez e xustiza triunfan, pero os avarentos e os mesquiños aquí é que nin se inmutan.
Comprendo que a Caixa del Penedès non é unha ONG, pero tampouco a cova de Alí Babá.
A fábula acaba estupendamente: o inmigrante benzoa a terra que o acolleu e soña con montar unha tenda despois de ingresar o premio na mesma cartilla da mesma caixa, que por certo non lle vai devolver os cartos das comisións.
Claro que para que, se agora non os necesita.
1 comentario:
Ti tranquilo que pola conta que lles trae non lle van cobrar máis comisións, agora que está forrado. Máis é máis, e menos é menos.
Publicar un comentario