luns, 29 de decembro de 2008

Ser vello

Está claro que iso de se facer vello ten que ter vantaxes e cousas boas.
O malo é que a min non se me ocorre nin unha soa que o compense...

2 comentarios:

Sun Iou Miou dixo...

Que se vai estando máis perto da xubilación? Tamén da morte, claro, pero isto só son estatísticas, porque un pode morrer en calquera momento.

Ah, era para animalo? Vou pensar, a ver, que como lle levo uns aniños da vantaxe igual se me ocorre algo.
Home, as mulleres temos o da menopausia, que se deixa de gastar en tampóns e afíns (iso si, sempre que non os haxa que trocar polas compresas para "esas pequenas perdas..."!, pastillame para previr a osteoporose e a depresión!?) Non, por aquí non vou ben.

Veña, séxame positivo, ho, que o ano xa acaba. Sabe o que ten de bo ser vello? Poder dicilo, así, con todas as letras, que o de morrer novo está ben para os mitos só. E mire, andaba seca e voulle roubar a idea para un textiño.

Lao Sun Iou

Peke dixo...

Se lle digo a verdade, veño de pasar uns días en Teucro e o noso afillado está empezando a vivir, coma quen di, aos seus dezaoito anos. Non vexa a preguiza que me entrou ao pensar estar na súa pel. Por favor! Demasiado estrés, todo por facer, emocións fortes en exceso (por certo, está namorado por primeira vez) e un desconcerto que non sabe por onde tirar. Non, non, eu coa miña cincuentena estou contenta. Ánimo.