Que se vai estando máis perto da xubilación? Tamén da morte, claro, pero isto só son estatísticas, porque un pode morrer en calquera momento.
Ah, era para animalo? Vou pensar, a ver, que como lle levo uns aniños da vantaxe igual se me ocorre algo. Home, as mulleres temos o da menopausia, que se deixa de gastar en tampóns e afíns (iso si, sempre que non os haxa que trocar polas compresas para "esas pequenas perdas..."!, pastillame para previr a osteoporose e a depresión!?) Non, por aquí non vou ben.
Veña, séxame positivo, ho, que o ano xa acaba. Sabe o que ten de bo ser vello? Poder dicilo, así, con todas as letras, que o de morrer novo está ben para os mitos só. E mire, andaba seca e voulle roubar a idea para un textiño.
Se lle digo a verdade, veño de pasar uns días en Teucro e o noso afillado está empezando a vivir, coma quen di, aos seus dezaoito anos. Non vexa a preguiza que me entrou ao pensar estar na súa pel. Por favor! Demasiado estrés, todo por facer, emocións fortes en exceso (por certo, está namorado por primeira vez) e un desconcerto que non sabe por onde tirar. Non, non, eu coa miña cincuentena estou contenta. Ánimo.
2 comentarios:
Que se vai estando máis perto da xubilación? Tamén da morte, claro, pero isto só son estatísticas, porque un pode morrer en calquera momento.
Ah, era para animalo? Vou pensar, a ver, que como lle levo uns aniños da vantaxe igual se me ocorre algo.
Home, as mulleres temos o da menopausia, que se deixa de gastar en tampóns e afíns (iso si, sempre que non os haxa que trocar polas compresas para "esas pequenas perdas..."!, pastillame para previr a osteoporose e a depresión!?) Non, por aquí non vou ben.
Veña, séxame positivo, ho, que o ano xa acaba. Sabe o que ten de bo ser vello? Poder dicilo, así, con todas as letras, que o de morrer novo está ben para os mitos só. E mire, andaba seca e voulle roubar a idea para un textiño.
Lao Sun Iou
Se lle digo a verdade, veño de pasar uns días en Teucro e o noso afillado está empezando a vivir, coma quen di, aos seus dezaoito anos. Non vexa a preguiza que me entrou ao pensar estar na súa pel. Por favor! Demasiado estrés, todo por facer, emocións fortes en exceso (por certo, está namorado por primeira vez) e un desconcerto que non sabe por onde tirar. Non, non, eu coa miña cincuentena estou contenta. Ánimo.
Publicar un comentario