Poden ser todas estas cousas e outras máis, pero o corazón encólleseme só de pensar que a nena volte estar de novo mañá, febrenta e sen enerxía, coma un xoguete avariado.
Actualización: Até hai un momento, a señorita Kaplan corría polo corredor e saltaba no salón, como para recuperar o tempo perdido onte na cama e no colo, meténdome présa para montarmos dunha vez a árbore de nadal.
O Domingo, pois, amenceu radiante.
5 comentarios:
E entón estoutro domingo? Loce algo máis ca as lámpadas da árbore pola casa? Espero que si.
Cóidense ambos.
No se preocupe por la nena, sr. kaplan, se recuperará ella antes de su fiebre que vd. del susto. Siempre se dijo que los niños son de goma, pero tb de hierro!!
Me alegro de esa actualización. Un beso. Y otro para ella. Cuídense!
Supoño que a estas alturas xa todo será pasado. De todos xeitos, saúdos.
Esas son as cousas dos nenos: hoxe malísimos e maña acabando con ún ¿xa atopou a árbore?, seguro que na Peroxa hai ben delas...
Alédome de que quedase en nada !.
Agora entendo a desesperación dos pais pola saúde dos fillos.
Publicar un comentario