xoves, 7 de maio de 2009

Desaceleración

O caso é que non me dou sentado a actualizar, e Ithaca anda a barbeito que é unha lástima.
Será daquela que entrei na definitiva crise que levará este blogue ao silencio, á tan frecuente e coñecida morte dos blogues, a ese lamentable abandono que o irá resecando, coma un cadáver ao sol?
Será que na miña vida e na dos que me viven non sucede nada que teña o suficiente interés para debuxalo aquí, onde tantas veces expuxen con meticulosidade case entomolóxica até as máis banais intimidades, propias e alleas?
Nada diso, escasos e fieis amigos, visitantes esporádicos: unha certa melancolía asociada a unha galbana de proporcións bíblicas, e certas ocupacións laborais e domésticas, provocaron hai semanas esta desaceleración do nervio bloguístico.
Nada grave, declaro; así que poden estar tranquilos, afirmo, que xa volto.

6 comentarios:

Anonymous dixo...

Durante 5 liñas sentín que vostede era eu e Ithaca se convertera na Selva. Celebro que non sexa así e agardo a súa volta.
Saúdos.

mariajesusparadela dixo...

E que¿ sabe? sen vostede eu síntome orfa.
(Non sei porque existe denominación para a orfandade e non para unha dor como a que sinte unha nai ante a morte de un fillo)

peke dixo...

Menos mal, querido, por un momento pensei o peor. Non se desanime e míreme a min, que a pesar de non contar nada interesante, resístome a torar a toalla.

Sun Iou Miou dixo...

Eu xa me afixen tanto ás miñas desaparicións que case nin dou por elas. Pero ao final, unha vez que aprendemos o oficio de exhibicionista, quen se resiste a abrir a gabardina no medio e medio do parque?

Bótenos de comer, ande, como se fósemos as súas pombas... escandalizadas.

La queue bleue dixo...

:)
Eu concordo coa Sun, co do exibicionismo ;). E o de botar-nos de comer.
Ainda que fun falar eu que som a a mais indicada, hehe.

rivela dixo...

Iso que denomina galbana, agora chámanlle "astemia primaveral".De tódolos xeitos non se deixe levar por ela.saudiños