Comparto con algunhas amigas a opinión sobre o ramalhete rubro das papoulas que abre Ithaca desde hai algúns días, e tamén confeso que é unha das flores que máis me entusiasma atopar cando vou ao traballo ou naqueles prehistóricos paseos por Mouse Park: tanta fraxilidade, tanta humildade nacendo ás veces entre ferros vellos, lixo ou bidóns abandonados, e ao mesmo tempo tanta teimosía por madrugar cada Primavera conmóvenme ano a ano máis profundamente.
Sen embargo, estas son do ano pasado: inutilmente esperei que asomasen na mesma rotonda, que as choivas converteron nunha selva de gramíneas; hai días que os xardineiros municipais pasaron a desbrozadora, e a ilusión das fráxiles corolas vermellas feneceu coma morren os soños ao acordar pola mañá.
Pero fican as do ano pasado, consolo deste e esperanza do que vén. Gozádeas.

8 comentarios:
Quem sabe elas chegarão mais tarde?
Sempre admirei que saísen tan vizosas no camiño de ferro.
Tés razón co carpe diem.
Gozarémolas.
X
As papoulas para min represntan a beleza das cousas sinxelas.(Lastima que os de conservación de estradas non pensen o mesmo. Saudiños
Gozámolas.
A mí me gustan porque me recuerdan a mi infancia pueblerina y riojana. Besos primaverales.
Levo unha foto no móbil (dos tempos en que non tiña cámara de verdade) dun campo de papoulas e trigo en Castilla, unha fermosura que aos agricultores non lles chista nada, pero xa se sabe que a rendibilidade e a poesía visual non casan moito. (`_^)
Non se preocupe, as papoulas volven: son o que se considera unha herba mala.
Sabes quen ten xa herdeiro? Coñecino onte. É un mamoncete morocho como a nai e co nariz do pai. Non lle vas dicir nada? E ás demais criaturas dos deuses?
Publicar un comentario