domingo, 18 de outubro de 2009

18-O




Pois si, penso quedar na casa, pero só porque sigo resfriado, coa voz seriamente tocada e o corpo como se me desen unha malleira.
Eu non irei, pero a señorita Kaplan irá con súa mai e, segundo me contou onte por teléfono, vai levar unha pancarta enorme xunto aos nenos da súa escola.
Da súa ilusión e compromiso pola defensa do que é noso deberían tomar boa nota os impresentables que nos gobernan.

4 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Ai o día que tódolos nenos sexan educados niso...¿chegará?

La queue bleue dixo...

Coitado... polo catarro, digo.
Eu tb estou castigada, mas por outras cousas. Enfim, teremos que estar atentos à prensa para ver como se desenvolveu a reivindicaçom (isso si, sempre co mantra "de lo que te digan, nada... y de lo que veas, la mitá", claro).

Sun Iou Miou dixo...

Pois eu non teño desculpa fóra o alzeihmer ou como raio se chama este andar na verza permanente que me asalta. Esquecinme por completo esta mañá e cando o ouvín pola radio, xa era tarde. Un día destes vou comer moscas mesmo.

paideleo dixo...

O Leo e a nai non foron por mor da saúde e eu fun co xersei atado ao pescozo e sen berrar nin cantar, pero fun.
Que te millores !.