mércores, 7 de outubro de 2009

Peixes

Desde Sábado neste tobo xa vivimos cinco, sen contar a señorita Kaplan (que é itinerante, xa saben) e contando os catro inquilinos do acuario: as carpas Aquiles e Ulises, o sarasa (así lle chamou o señor da tenda, eu nin quito nin poño) Cristal, e un telescópico negro, que a nena chamou Carbón por motivos obvios.
Nin a bibliografía consultada sobre as bacterias, o amoníaco e o ciclo do nitróxeno (un folleto que me deu o vendedor dos peixes e a habitual morea de información contraditoria dos foros da Rede) nin o novo filtro, interior e supersilencioso, fixeron máis do que afastar un pouco a ameaza de tornárense as augas turvas e fedorentas.
E si, fico parvo véndoos nadar entre as ramiñas falsas, procurando os flocos de comida nos seixos ou mexendo as aletas á volta da Dama ibérica mergullada.

5 comentarios:

Ra dixo...

Oiga, Kaplan, en su fondo marino hay una mano fantasma :)

Qué chulada les ha quedado, la Dama no tiene precio; mua!

mariajesusparadela dixo...

Pois ó sarasa pódelle chamar Paris (ou Helena) e o Carbón Héctor e a guerra de Troya xa lla montan eles
(non polo que pelexen senón polo entretido que vai estar vostede)...de verdade que lle quedou xenial. ¡qué o disfrute!

Sun Iou Miou dixo...

Vai aforrar moito en televisión, Kaplan. Ou en lavadora, se era máis de pasmar para a lavadora. `_^

paideleo dixo...

Pois que dure muito a festa e que se amplíe a familia. Iso si, a dama de Elche ben podería ter algunha compaña.

peke dixo...

Quedou ben bonito, si señor.