Eu non pero meu pai tamén puña calacús para asustar aos veciños. Parece que este costume saltou unha xeración e agora vén da man dos norteamericanos. Agora quédanos a nós darlle unha versión propia. Eu tamén pensei no día de acción de gracias e, ben remendado e envolto, acabarán por chuzarllo aos nosos netos.
Aquí puñan cabazas de noite, e hai catorce anos, cando estreei esta casa, puxéronme unha na fiestra (que non me deu medo ningún, por certo, entre outras cousas, porque era día cando a vin).
Outro asunto é o dos disfarces e o de andar a pedir lambonadas polas casas, sen saber o que din os rapaces, solfexando "truco ou trato", sen saber que "trick or treat" significa máis ben "aduanada ou regalo/recompensa/premio (lambonada?)".
Isto último rebéntame, pero pouco se pode facer, creo. Iso si, se aparecen pola miña casa, van ver o que é unha bruxa de verdade! Hiiiii!
4 comentarios:
O mesmo dí Mari Paz Brugos, pero eu de nena puxen cabazos baleiros, cunha vela dentro nas encrucilladas.
Voto por él. Vivaaa¡
Eu non pero meu pai tamén puña calacús para asustar aos veciños.
Parece que este costume saltou unha xeración e agora vén da man dos norteamericanos.
Agora quédanos a nós darlle unha versión propia.
Eu tamén pensei no día de acción de gracias e, ben remendado e envolto, acabarán por chuzarllo aos nosos netos.
Aquí puñan cabazas de noite, e hai catorce anos, cando estreei esta casa, puxéronme unha na fiestra (que non me deu medo ningún, por certo, entre outras cousas, porque era día cando a vin).
Outro asunto é o dos disfarces e o de andar a pedir lambonadas polas casas, sen saber o que din os rapaces, solfexando "truco ou trato", sen saber que "trick or treat" significa máis ben "aduanada ou regalo/recompensa/premio (lambonada?)".
Isto último rebéntame, pero pouco se pode facer, creo. Iso si, se aparecen pola miña casa, van ver o que é unha bruxa de verdade! Hiiiii!
Publicar un comentario